martes, 29 de octubre de 2013

Adeus vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos...





Xa vai tempo que deixei de contar os días. Agora so son capaz de guiarme polo tempo. Canto máis frío fai e canto máis choiva atope, máis cerca andarei de retornar.
Teño malestar xeral. Diría que estou a loitar con un resfriado destes da kapital. Pero a verdade é que o meu mal é a lonxanía. O meu catarro ven dado por saír á rúa a camiñar baixo a choiva áceda. Supoño que foi a única maneira que posibilitou neste tempo que me sentise coma na casa.

Hoxe chorei. Máis non son un choromicas. Bágoas ao lembrar os ríos, as pontes e os regatos pequenos. E é que o sentimento acentúase cada vez que destas terras de meigas afástome. Fan falla centos de quilómetros, pero ao fin consigue o meu ser o que moitos xa conseguirades sen afastarvos o máis mínimo. Ao fin pódome sentir un galego máis. Pero no un galego nado en Galiza, senón un galego de corazón, de sentimento, o lugar onde nacín creo que é o menos importante neste caso.
Ao fin dinme conta da propia identidade do noso pobo, xa penso que nós non somos iguais que o resto. Os nosos sentimentos son totalmente distintos. Non é o mesmo ledicia que felicidad. Non é o mesmo agarimo que cariño. Non é o mesmo un galego que un madrileño.

A nosa innata amabilidade.
A ledicia no noso canto.
O sentimento de Breogán no noso mirar.
A beleza das nosas leiras e pradeiras.
O amor á terra, á xente e á choiva.

Non podo seguir dicindo que sería a mesma persoa se non fose Galiza o meu berce. Non coñecería eses bosques nin eses ríos que me veñen á mente cando é en paz e ledicia no que penso. Non leería nunca eses versos que recorren a miña mente cando a morriña aprisiona o meu corazón. Non escoitaría endexamais eses cantos á amizade, cantos á terra, aos costumes e ao viño e licor café. Non sentiría entón nestes intres esta morriña tan indescriptible.
E é que é certo que non hai cousa máis difícil e definir que un sentimento como a morriña. Non é a tristeza por a ausencia dalgún ser querido. Tampouco é o botar de menos á terra. Non é nada diso.
Trátase de votar de menos o galego, aos galegos e a Galiza.
Trátase de sentir a inmensa "negra sombra" apoderándose dos teus máis fondos sentimentos.
Trátase de botar de menos á néboa que penetra os nosos ósos. As choivas que mollan os nosos pastos. As praias que bañan as nosas costas.
Son as festas, as comilonas en casa dos avós os domingos ate reventar.
É o cocido, o polbo e as estrelas cos meus.
Son as orquestras, as gaitas e os poemas.
É a nosa cultura.
Non podemos dicir que non teñamos cousas nosas. Ninguén sabe nada de nós e mellor que así sexa. Que cando saiamos dos nosos lindes atopemos algún foráneo español e podamos dicir abertamente que somos galegos, e que temos máis cousas que patacas, repolos, choiva e aldeas.
Que o noso mellor embaixador sexa o marisco, os grelos e os pementos de Padrón.
Que vaiamos onde vaiamos sempre escoitemos a alguén cantando ao falar. Que xa sexa en Madrid, na Arxentina ou na China, que sempre escoitemos un dos nosos, coma sempre fixemos ate agora.
Que podamos seguir sendo galegos dende a lonxanía. Que cando os nosos pensamentos tornen verdes e humidos xa sabremos onde andamos.
Porque o noso paso é sempre firme e as nosas convincións sempre nosas. Que era galego o vixía que atopou América e que máis tarde fomos alí fuxindo dos de acá.
Que nós inventamos o futbolín e que somos o berce de moitos ilustres da historia.
Que o sorriso dos nosos beizos é posible simplemente atopando a un dos nosos, que a nosa ledicia é o noso orgullo.

Botamos de menos o malo será.
Botamos de menos as respostas con preguntas.
Botamos de menos o de pasarnos semanas sen ver o sol entre as nubes azabache.
Botamos de menos os carballos e as aciñeiras, desgraciadamente tamén os eucaliptos.
Botamos de menos os toxos e as margaridas.
Botamos de menos o zapato de Beiras e o buque prometido por Feixoo.
Botamos de menos as gaivotas e as pombas.
Botamos de menos os meigallos e esconxuros
Botamos de menos a franxa celeste estrelada.
Botamos de menos os nosos alcumes e poder acabar todas as palabras agarimosas cun -iño.
Botamos de menos a nazón de Breogán.

E se alguén non sabe apreciar a nosa terra non cabe dúbida: so os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.


E se algún día algún mal vento te trae unha negra sombra, sopramos nós aínda máis forte para fácela marchar...



Non temos tempo nin motivos para deixar de voar.



Un galego en Madrid.


3 comentarios:

  1. Cousas así fan que bote de menos ó meu amigo, a un dos poucos que é de verdade. Fáltame algo, fáltasme ti. Galiza entera nota que faltas. Pero nunca choveu que non escampara, por iso sei que nunca vai haber unha despedida. Que sempre vai ser coma se acabase de verte. Non dubido que Madrid se porte ben contigo, pero volve san e salvo, que alí hai moitas cousas e moita xente descoñecida. Aproveita o que podes vivir e que Madrid me faga un oco, que cando menos o esperedes plántome alí.
    Disfruta, pásao pipa, pero volve. Soamente volve.Para contarme como é a vida na capital e para contarme todas as cousas que estás a vivir sen a túa amiga e fan, Ale.
    Quérote Marce, quérote moito.

    ResponderEliminar
  2. E se me fas chorar con estas palabras queeeee?
    Sabes que diría meu pai? Que en todas partes hai un galego loitando polo ben. E resulta que ten razón. Sempre hai un galego solto en calquera parte do mundo que non se cansa de facer o ben e de loitar polo que é seu e dos seus. E non me cabe dúbida, Marcelo, de que ti estás loitando polo que seguramente, será un soño. E tampouco me cabe dúbida de que Galicia nunca reemplazará o espacio que deixan cada un dos galegos que se marchan, así que tranquilo porque o marisco, os toxos e margaridas, as carballeiras, as nubes, os mil tipos de choiva, as gaivotas, as meigas, o mar e os galegos sempre te recibiran cos brazos abertos!!!!!!! Moita sorte por alá e segue con estos textos que tanto emocionan e nos que case se poden tocar os teus sentimentos !!! Un biquIÑO galego moi grande.!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que mellor forma de expoñer o que significa ser galego que as vosas aportacións. Como unha persoa á que coñezo moito menos do que desearía pódeme dar ánimos, mandarme apertas e incluso dicir que chorou cos meus sentimentos de morriña. E como outra persoa que coñezo dende sempre mais chegou fai un rato pode chegar a facerme olvidar todas as mágoas estando a centos de quilómetros. Como fanme votar a chorar coas súas palabras que estanme a ofrecer un hombro no que pousar as miñas bágoas.
      As apertas e os biquiños van hoxe ata a praza de catro camiños.

      Eliminar