Estoume a dar conta de moitas cousas nestes últimos días.
Non falo de cousas obvias, como que xa teñen "papá" novo para adorar e que nós xa temos alguén novo con quen meternos.
Falo de cousas máis personais, á vez que comúns.
Falo dos problemas que todos e cada un de nos temos coa xente do noso redor.
Non estou a falar de simples riñas que todos sabemos que non nos levan a ningunha parte.
Estou a falar dos problemas serios, dos problemas que podemos ter de, por exemplo, non aceptar os agregados dos teus amigos. E por agregados refírome ao conxunto de factores que non podes cambiar dunha persoa. Ben sexan as súas condicións personais o os seus achegados.
Non creo que estes agregados que veñen no "pack" sexan un problema. Sempre e cando non queran eles ser un problema.
Pero non so os agregados poden ser un problema.
Os propios amigos ás veces queren ser un problema.
E quen dice amigos dice calquera outro tipo de persoa que estea ao teu carón. Preto, moi preto.
Personais ERROR -> persoais
ResponderEliminarO resto perfecto pero falta soltura nesta lingua. Vese moi forzado.